Moitas grazas ás mulleres e homes que compoñen a Asociación Española de Críticos Literarios por concederlle a "O Cabo do Mundo" o PREMIO DA CRÍTICA 2010 en Narrativa Galega. Se nun principio e como autor non valorei a súa importancia (feito polo que pido publicamente perdón), tivo que ser alguén que domina o panorama literario galego quen, este verao nos Diálogos de Mariñán, me fixese ver o que de certo representa ter recibido este premio.
Para quen estea interesado/a, esta é a ligazón á páxina de Edicións Xerais (outro dos grandes culpábeis do suceso)que recolle todo o que vai acontecendo coa novela "O Cabo do Mundo":
http://xerais.blogaliza.org/tag/o_cabo_do_mundo/
No hay comentarios:
Publicar un comentario