"Una lucha incansable"

autobiografía de O Narote
Despois de anos traballando nel, Galaxia ven de editar o libro autobiográfico de Antonio Nieves Ferreiro baixo o título Una lucha incansable (que substitúe ao inicialmente previsto "La forja de un escaironés").
Recibino a pasada semana e, deseguido, púxenme a ler a historia deste indómito loitador e paisano que "por rebelde ás inxustizas" foi perseguido, condenado, encarcerado e torturado durante a dura represión franquista.
Escrito en castelán (aínda que Antonio utiliza o idioma que mamou desde pequeno, o galego), as súas páxinas son un interesantísimo percorrido polos quefaceres vitais deste escaironés e, especialmente, polos sucesos que o levaron a padecer persecución por, simplemente, ter ideas diferentes aos que gañaron a guerra.
Por moito que algúns sucesos que el recorda chamen poderosamente a atención de calquera que desexe saber e aprender do pasado (por exemplo unha infancia e primeira xuventude marcada pola morte do pai, a actuación que o levou a prisión por negarse a bombardear Asturias durante a Revolución do 34, o estoupido da Guerra Civil e os catro terríbeis anos que pasou escondido, xunto coa detención no ano 50 por unha falsa denuncia do alcalde de Escairón), o certo é que o libro rezuma un marcado carácter de denuncia e revelación sincera do que non desexa que se olvide.
Antonio, arriba á dereita, detido no ano 1934 no cuartel de Aviación de León
Porque Antonio non esquece as que lle fixeron pasar, en cada páxina hai fondas reflexións sobre as ideoloxías, a Ditadura e, tamén, sobre o imposíbel perdón aos que o perseguiron e que, con nomes e apelidos, tiveron e aínda teñen na súa conciencia o mal que fixeron, e non só a el.
Finalmente quero agradecer a deferencia de Antonio (e de Olga, a súa compañeira) por terme enviado o libro e, máis ca nada, por ser capaz de transmitir esa sabiduría vital que só tan tremendas experiencias como conta o libro poden dar.
Noraboa, pois, Antonio, pola túa memoria e pola túa sinceridade.

Cremos que a publicación de Una lucha incansable debería ser un dos eventos socioculturais máis importantes do concello de Escairón, e só lamentamos que o libro non saíse uns anos antes, pois de seguro que tería influído, non sei de que xeito, na elaboración da novela "O Cabo do Mundo".

6 comentarios:

  1. noraboa polo blog!, grazas por recordarnos unha parte da historia da nosa terra

    ResponderEliminar
  2. Hola, donde puedo conseguir este libro, la editorial Galaxia no lo tiene en su Web!!! (Una lucha incansable)

    ResponderEliminar
  3. Este libro non foi publicado por Editorial Galaxia. Por favor corrixa este dato.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  4. Éste buen señor, más que contar su historia, lo que ha hecho es vengarse de sus "enemigos". No discuto que no pasara, esos acontecimientos, pasó y todo el mundo lo sabe, pero, sé, de buena tinta, que comete muchísimas inesactitudes, cambia fechas, y otras muchas cosas, que no se corresponden con la verdad, solo con "su" verdad. Y desde luego la editorial Galaxia, se ha cubierto de gloria al no verificar todos los datos que dá.

    ResponderEliminar
  5. O Narote, ten moito de vengativo e revanchista, tivo que esperar a que todos estivesen mortos, para que non puideran defenderse. En vez de escribir babosadas, o que deberia facer es estar ledo de seguir vivo.

    ResponderEliminar
  6. Creo que algunhas das opinións aquí verquidas desacredítanse por si soas. Se esconderse no anonimato resulta doado, proclamar "o que debería facer é estar ledo de seguir vivo" (referido ao Narote), cando menos tería que servir para reflexionar sobre a caste de persoa que é o que escribiu este comentario.
    Con respecto á editorial (sabendo que foi unha tirada moi reducida, pagada ademais polo propio Antonio Nieves Ferreiro, e que non aparece por ningures o anagrama da Editorial Galaxia) anoto os datos que figuran no libro:
    Depósito Legal: B-47212-2009
    Coordinación editorial y producción
    Editorial Galaxia
    Impreso en
    Publidisa

    ResponderEliminar