O Piloto

Xosé Castro Veiga, "O Piloto"
O derradeiro guerrilleiro antifranquista morreu a maos da Garda Civil o 10 de marzo de 1965 na parroquia chantadina de San Fiz, despois de manterse fuxido desde a Guerra Civil e vivir nunhas penosas circunstancias.
O Piloto nunca quixo marchar da zona, se cadra debido á longa relación sentimental con Ramona Curto, "Mirelle", natural de de O Saviñao.
Axudado por varias familias que lle mantiveron a fidelidade e lle daban acobillo (moitas veces por medo ou pola remuneración que recibían), movíase entre os Concellos de O Saviñao e Chantada, primeiro cunha partida de homes baixo o seu mando (entre os que estaba o Cristo ou o Crisanto), e logo el só.
Deste fuxido fala tamén na novela, por suposto, o personaxe Gumersindo:
-(…)O que máis estaba era o Piloto, que paraba moito por Sernande, onde tiña coñecidos, pero cando subiu a auga e a aldea desapareceu, buscou cos seus cara aquí. Paraban por este lado do Cabo do Mundo cando viña o tempo arriba, pois a sombriza e a auga prestáballes de nabo con tanta fogaxe como se botaba. Por iso fixemos esta cachopa, para acollelos no verao, que logo resultou ben porque ninguén contaba que a auga subira tanto. O outro lado, o que dá ao nacente, escollíano para o inverno, pois se estás parado como eles estaban a raxeira dáche a vida.
O Piloto foi enterrado no cemiterio de San Fiz de Asma. Segundo contan as crónicas e os maldicires, seica foi sepultado no mesmo foxo ca un anónimo obreiro de Belesar que morreu traballando, iso despois de ser abatido no rego de Choupán (outros din das Anduriñas) cando comía un chourizo.

Del escribe Ramón Rodríguez Porto no xornal El Progreso:
O Piloto foi o derradeiro escapado, fuxido, maquis ou bandoleiro abatido pola Garda Civil en España, aínda que non o derradeiro que actuou. Foi no regato de Choupán, que separa as parroquias de Pesqueiras e San Fiz, en Chantada, onde Xosé Castro atopou a morte. Non tivo alternativa. Un certeiro tiro na testa acabou coa súa vida cando contaba xa 51 anos.

LIGAZÓNS
"O Piloto":

http://www.nodo50.org/foroporlamemoria/documentos/2005/ultimomaquis_09032005.htm
http://www.abrence.galeon.com/file/OPiloto.pdf
http://losdelasierra.info/spip.php?article1557 http://www.laopinioncoruna.es/estaticos/domingo/20080420/domingo.html http://www.elpais.com/articulo/espana/ESPAnA/FRANQUISMO/ultimo/guerrillero/antifranquista/elpepiesp/19860310elpepinac_30/Tes/
A Mirelle:
http://losdelasierra.info/spip.php?article1976
O Cristo:
http://losdelasierra.info/spip.php?article517
O Grupo do Piloto:
http://losdelasierra.info/spip.php?page=recherche&recherche=O+Piloto
Na Wikipedia:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Xos%C3%A9_Castro_Veiga

No hay comentarios:

Publicar un comentario