A Represión dun pobo

1º de Maio de 1936 en EscairónA Represión no sur de Lugo foi contada por Antón Patiño Regueira no seu libro "Memoria de ferro". Alí fala de Monforte, pero ben puidera referirse ao acontecido noutras vilas como a de Escairón. No capítulo "O mancebo da farmacia da Pena" escribe un procedemento habitual: Manolo Abeledo despachaba tranquilo na botica. Cumpría alleo a que alguén ao tempo esculcara nas fotos do Primeiro de Maio do 1936. E nelas, á beira da bandeira republicana, alí estaba Manoliño. Unha cruz reparou na súa cara e quedou marcado.
O notario Villalobos pola noite escribía as listas. Un este si e un este non coas fotografías na man á luz da candea. A brigada do amencer ocupábase do resto e a ela chegou o nome de Manolo Abeledo.
Da compañía facían as sacas entre a xente presa. Os poucos salvados da primeira hora saían para Lugo a dilixencias. Pero apareceron nas gabias coa marca nos antebrazos dos grillóns de aceiro e os corpos baleados cheos de chumbo
”.

A enorme represión á que se viu sometido o pobo de Escairón nos primeiros anos (Consello de Guerra a toda a directiva da Agrupación Socialista) foi debida a uns feitos concretos: a formación de grupos armados que se dedicaron a requisar armas para defender a legalidade política e, posteriormente, ter formado parte do grupo que se dirixiu a Lugo o 20 de xullo do 36 para apoiar ao Gobernador Civil republicano fronte ao exército aliado cos rebeldes.


LIGAZÓNS:
para saber algo máis sobre a represión en Escairón, na web figura unha páxina que fala dun dos personaxes de máis sona no noso pobo. Trátase de Ramón Pérez Vispo. A súa historia e moitos máis datos aparecen no enderezo: http://www.xarela.com/CD/index.htm

2 comentarios:

  1. Si señor, estou comezando a ler o teu libro, e claro, antes gustaríame ler máis sobre a historia do lugar, a maioría das cousas xa as sei polo da presentación de onte, pero seguirei visitando todo isto por eiqui.

    Saúdos, e por certo un bo libro.

    ResponderEliminar
  2. Unha das mellores novelas da nosa literatura. Absolutamente recomendable

    ResponderEliminar