Reiniña

a historia recortada na novela A ligazón a Google Docs que figura ao final desta entrada é o arquivo PDF que contén unhas 40 páxinas que inicialmente formaban parte da novela O Cabo do Mundo e que foron retiradas á hora de editala. Relatan a historia do personaxe nomeado nela como Reina, historia totalmente inventada, por moito que alguén poida establecer similitudes con persoas reais. Para centrar ao lector, ou lectora, engadirei que estaría situada na páxina 228 da edición en papel, cando o aludido lle conta as súas peripecias ao protagonista e narrador da novela, o profesor Carlos Pereiro, e entre eles se establece unha profunda relación de amizade. Esta especie de confesión íntima dun personaxe ao outro explicaría en boa medida certas reaccións posteriores da “parella” que levan ao desenlace e que na novela publicada se cadra non amosan a solidez precisa.

Se a alguén hai que achacar a decisión de eliminar esta historia do formato papel é ao propio autor, ou sexa, a min.

Por moito que ao inicio dese documento ofrezo algunhas xustificacións polas cales finalmente non a incluín nesa primeira edición, de certo que aínda hoxe non sei se fixen ben ou non, pero ofrézoa agora en formato dixital (arquivo PDF) e con certas modificacións ou ampliacións, para que o meu sufrido lector, ou lectora, se ten a ben descargala e lela, reciba outro sofico (termo que sempre empregaba meu pai) para a trama de O Cabo do Mundo.

LIGAZÓN para ler "Reiniña":https://docs.google.com/document/d/1YTZehGSZyf76kHcR11GZmcCNX_PYns5CEe9nCtxQIhU/edit

No hay comentarios:

Publicar un comentario